
- Introdución
- O Concello de Cervo concédelle unha importancia estratéxica á programación de accións ambientais destinadas á preservación dos recursos e bens naturais do termo municipal e á xeración de novas actitudes cidadás que permitan un desenvolvemento local sostible.
- Residuos municipais
- Coñece a cantidade de residuos urbanos xerados no Concello de Cervo e o servizo de recollida dos mesmos, así como o precorrido da bolsa negra dende o colector xenérico ata a súa chegada a planta de SOGAMA (Cerceda). Tamén podes consultar a distribución dos colectores xenéricos ao longo da xeografía municipal.
- Recollida Selectiva
- A separación de residuos nos fogares é unha práctica habitual entre a poboación dende hai xa moitos anos, na que o lixo distribúese en diferentes bolsas en función da súa clase, atendendo a unhas regras básicas, e desposítanse nos colectores correspondentes. Este sistema require un elevado grao de concienciación e colaboración cidadá para funcionar. Entra nesta sección e coñece os diferentes colectores e os tipos de residuos que se poden depositar nos mesmos.
- Proceso de reciclaxe no colector amarelo
- O colector amarelo está destinado a acoller os envases e envoltorios de plástico, latas, briks entre outros. O Concello de Cervo ten distribuídos por diferentes puntos do termo municipal estes colectores para facilitar a separación e garantir a reciclaxe. Coñece o camiño que seguen estes residuos dende o seu depósito no colector ata a súa posterior reciclaxe. Así mesmo poderás consultar nas táboas os datos referentes á recollida destes residuos no noso concello.
- Proceso de reciclaxe no colector azul
- No contedor azul deposítase papel e cartón. Se premes nesta sección poderás ver o curso que seguen estes residuos ata as correspondentes plantas de reciclaxe. Tamén poderás consultar nas táboas os datos de recollida destes residuos no Concello de Cervo.
- Proceso de reciclaxe no colector de vidro
- Ecovidrio encárgase de xestionar a recollida selectiva de envases de vidro mediante a instalación de colectores verdes, ou iglús, para facilitar a colaboración cidadá e garantir a súa reciclaxe. Cando os envases de vidro se recollen selectivamente, transpórtanse á planta de tratamento e acaban reciclándose ao 100%: Todo o vidro é aproveitable, sen perder ningunha das súas calidades. Na actualidade a taxa de reciclaxe que vén mantendo o Concello de Cervo é das mellores da provincia de Lugo e sitúase por enriba da media de Galicia. Nesta sección ofrecémosche todos os datos relacionados coa reciclaxe de vidro no noso Concello.
- Recollida de aceites domésticos
- Os aceites domésticos usados son uns tipos de residuos urbanos particularmente contaminantes, é son os derivados do consumo de aceites nos fogares –soia, xirasol e oliva principalmente- que unha vez utilizados, xeralmente, son vertidos á rede de sumidoiros. Este tipo de vertido produce unha importante agresión ao medioambiente e aos sistemas de canalización e depuración da auga. O Concello de Cervo, a través de División Verde, empresa xestora de residuos, ten colocados nos principais núcleos poblacionais unha serie de colectores habilitados para a recollida dos aceites usados de consumo doméstico. Toda a información e datos que desexes sobre este residuo poderala consultar neste bloque.
- Compostaxe doméstica
- Case a metade do lixo que xeramos nas nosas vivendas está formado por materia orgánica, cuxo destino habitual son os contedores xenéricos, no que tamén deben ser depositados os materiais non reciclables. Nas zonas rurais existe a posibilidade de transformar esta materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo. Ao levar a cabo esta práctica contribúese co medio ambiente, xa que se reduce a cantidade de lixo a xestionar, e pola outra conséguese un aforro económico para as arcas municipais, xa que ao diminuír o número de quilos a recoller tamén o fai o pagamento mensual que se fai a SOGAMA polo tratamento dos residuos.
- A compostaxe doméstica
- A compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica dos materiais orgánicos xerados no fogar, como é o caso dos restos de comida e podas, obtendo un produto final, o compost, que se pode utilizar como acondicionador de solos nos propios xardíns e hortas.
- O composteiro
- O composteiro é o recipiente que facilita a circulación do aire no seu interior, onde se introducen os restos orgánicos, permitindo unha óptima accesibilidade, tanto para depositar residuos coma para extraer o abono resultante. A súa función é a de manter as condicións axeitadas de temperatura e humidade para a elaboración de compost.
- Recollida de pilas
- As pilas conteñen varios contaminantes considerados perigosos entre os que figuran o zinc, o cadmio, o chumbo e o mercurio. Cando estas pilas usadas se botan co resto dos desfeitos, van parar ao vertedoiro ou á incineradora, de tal maneira que todos os metais pesados tóxicos que as conforman poden contaminar o medio natural. O Concello de Cervo é consciente de tal problemática, polo que ten distribuídos en determinados comercios e centros municipais uns contenedores azuis para facilitar a súa recollida e garantir o seu correcto tramento.
- Puntos de recollida de lámpadas
- O Real Decreto 208/2005, que regula todo o relativo á xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEES) unha vez rematada a súa vida útil, recolle dentro da categoría 5 todas as lámpadas que debemos reciclar. Estes elementos poseen no seu interior pequenas cantidades de mercurio que debemos controlar para evitar a súa emisión ao medio ambiente. Existen varios puntos de recollida, e nesta sección tratamos a que se realiza nos comercios e outros puntos de venda. Todas as ferraxerías, tendas de iluminación e supermercados que venden fluorescentes e lámpadas de aforro poden dispoñer dun pequeno contenedor para ofrecer aos seus clientes un servizo adicional de recollida deste residuo. Entra neste bloque e coñece os diferentes puntos de venda que dispoñen de dito contenedor.
- Recollida de enseres
- Os enseres son todos aqueles utensilios, mobles ou instrumentos de uso doméstico ou profesional. A prestación do servizo de recollida de enseres inclúe a recollida, o depósito, o transporte e o tratamento dos residuos tanto sólidos coma líquidos, respecto daqueles que se consideren admitidos na ordenanza. Dende o Concello de Cervo realízase a recollida dos enseres previa solicitude de recollida tramitada por parte dos usuarios. Esta recollida realízase dous xoves alternos ao mes e a cota tibutaria ven determinada por unhas tarifas aplicables en función da clase de materiais admisibles para os que se solicite a súa recollida. (ordenanza fiscal nº 9).
- Depuradora ecolóxica de Cervo
- Calcúlase que a metade da auga aproveitable está contaminada, sendo a súa depuración unha prioridade para o medio ambiente, e en grande medida o futuro do planeta depende de como cuidemos este preciado recurso. A poboación de Cervo conta cunha depuradora ecolóxica formada por plantas acuáticas macrofitas, un sistema de depuración que supón unha revolución nos sistemas de tratamento de auga, xa que fai posible a sostibilidade medioambiental e económica da rexeneración das augas residuais. Consulta as ventaxes funcionais deste medio de depuración.
- Diversidade biolóxica
- A diversidade biolóxica fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que a conforman, resultado de miles de millóns de anos de evolución segundo procesos naturais e tambén da influencia crecente das actividades do ser humano. A biodiversidade comprende igualmente a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie que permiten a combinación de múltiples formas de vida, e cuxas mutuas interaccións co resto do contorno fundamentan o sustento da vida sobre o planeta.
- Vexetación
- A vexetación é a cobertura de prantas (a flora) salvaxes ou cultivadas que medran espontaneamente sobre unha superficie de terreo ou nun medio acuático. A súa distribución na Terra depende dos factores climáticos e dos solos, polo tanto a relación entre a vexetación e o clima é moi grande. Descubre a vexetación típica do noso Concello.
- Fauna
- A fauna é o conxunto de especies animais que habitan nunha rexión xeográfica, que son propias dun período xeológico ou que se poden atopar nun ecosistema determinado. A distribución espacial dos animais depende de diversos factores, entre estes sobresaen as relacións posibles de competencia ou de depredación entre as especies. Os animais adoitan ser moi sensibles ás alteracións do seu hábitat; por iso, un cambio no ecosistema produce unha perturbación na fauna. Coñece a fauna coa que contamos en Galicia e no Concello.
- Ligazóns
- Poñemos á vosa disposición todas as ligazóns necesarias para estar informados sobre os temas medioambientais.
- Novas
- Entra aquí e coñece a actualidade medioambiental do noso concello, consulta as actividades, eventos, novas, programacións e a oferta deseñada para todos vós.