Declaración de accesibilidade Declaración de accesibilidade

Esta declaración de accesibilidade alcanza a todo o contido amosado na páxina web do Concello de Cervo.

Este sitio web foi deseñado coa intención de que poidan acceder a el o maior número de persoas. Con este fin, seguíronse as recomendacións de accesibilidade de contidos web (WAI Web Accessibility Initiative) do W3C.

Defínense 3 niveis de conformidade co documento:

  • Nivel de conformidade "A": Satisfánse todos os pontos de comprobación de Prioridade 1.
  • Nivel de conformidade "Doble A": Satisfánse todos os pontos de comprobación de Prioridade 1 e 2.
  • Nivel de conformidade "Triplo A": Satisfánse todos os pontos de comprobación de Prioridade 1, 2 e 3.

O sitio Web cumpre as "Directrices de Accesibilidade ao Contido Web 1.0" do W3C, dispoñibles en http://www.w3.org/TR/1999/WAI-WEBCONTENT-19990505, nivel Dobre A.

Estas son algunhas das características do sitio web que axudan a mellorar a accesibilidade:

Aspecto visual

Neste sitio web faise un uso intensivo de follas de estilo (css), co fin de separar o contido da presentación. Púxose coidado en que as páxinas sexan legibles en navegadores que non comprenden ditas follas de estilo.

Faise uso de tamaños de fontes relativos, isto permite que a persoa que vexa as páxinas varíe o tamaño de letra, se así o desexa, mediante as ferramentas do navegador.

As imaxes dispoñen de etiquetas descritivas.

No deseño das páxinas non se empregan táboas. Estas só se usan para mostrar datos que así o requiran.

Non se emprega unha cor como único criterio para distinguir a información. Así se facilita a accesibilidade para as persoas con dificultades para distinguir as cores e para as que empregan dispositivos non visuais.

Varios

O código da páxina indica o idioma do documento, así como os cambios de idioma no texto. Isto mellorará a accesibilidade nos navegadores non visuais.

A información que se ofreza con javascript está dispoñible igualmente se o navegador non pode traballar con javascript ou o ten deshabilitado.

Tanto os formularios como a navegación en xeral son independentes do dispositivo (non se presupón que a navegación levará a cabo coa axuda dun rato).

Ligazóns

As ligazóns non abren novas xanelas do navegador, salvo que se indique expresamente o contrario.

O texto das ligazóns non está duplicado: dúas ligazóns co mesmo texto apuntan a unha mesma dirección. Isto axuda a que o texto das ligazóns teña sentido cando se le fóra de contexto.

Teclas de acceso

A maior parte dos navegadores permiten o uso das teclas de acceso para ir directamente a certas partes da páxina ou a certas ligazóns. En Windows, débese pulsar SHIFT + ALT + tecla de acceso, en Macintosh, Control+ tecla de acceso. Neste sitio web están definidas as seguintes teclas de acceso:

  • Tecla de acceso 0: Páxina de inicio
  • Tecla de acceso 1: Temas
  • Tecla de acceso 2: Concellarías
  • Tecla de acceso 3: El municipio
  • Tecla de acceso 4: El Concello
  • Tecla de acceso 5: Atención ao cidadán
  • Tecla de acceso 6: Web de turismo
  • Tecla de acceso M: Mapa web
  • Tecla de acceso A: Accesibilidad
  • Tecla de acceso L: Aviso legal
  • Tecla de acceso C: Contacto

Funcionamiento do sitio web

Empréganse os mesmos mecanismos de navegación en todo o sitio web:

Na parte superior dereita incluír unha barra de operacións para facilitar as seguintes tarefas:

  • Cambiar de Idioma na páxina visitada,
  • ir ao Mapa do web,
  • ir á declaración de Accesibilidade,
  • consultar o Aviso Legal,
  • acceder ao formulario de Contacto,
  • facer uso do Buscador.

Nas páxinas interiores existe un menú lateral situado na parte esquerda que permite o acceso ás distintas páxinas e/ou seccións da web.

Na parte central atópase o corpo da páxina.

Por último, e na parte inferior, disponse dun pé de páxina onde se dá acceso a información xenérica de contacto e redes sociais.

Data da última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 01/01/2012.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa